CON GALICIA POLO MUNDO! O galego

 


Este vídeo corresponde a unha serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas. Consta dos seguintes capítulos:

  • Galicia no mapa, onde se abordan cuestións como a condición de nacionalidade histórica,a bandeira, o himno, a distribución do territorio...
  • A paisaxe galega, que se ocupa do clima, os montes, os ríos e as rías, o desenvolvemento sostible e o consumo responsable
  • A lingua galega (orixe, número de falantes, variantes dialectais…)
  • A música galega (ritmos, instrumentos, referentes…)
Proxecto de Seispés Producións Creativas realizado ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.


DATOS BÁSICOS DA LINGUA GALEGA

Orixe e breve historia

O idioma galego pertence á familia das linguas románicas –coma o francés ou o catalán– e é o resultado da evolución do latín introducido polos romanos no noroeste da Península Ibérica. Dende finais do século VIII, a fala desta área é diferente abondo da latina que lle dá orixe, polo que podemos considerar a existencia dun idioma distinto: o galego.

 

 



Comentarios

Entradas populares de este blog

Galicia polo mundo. "Galicia no mapa"