Galicia polo mundo. "Galicia no mapa"
Vemos o vídeo da serie de Galicia polo mundo titulado: "Galicia no Mapa" Galicia no mapa 💙 Vídeo correspondente á serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas. Consta dos seguintes capítulos: Galicia no mapa, onde se abordan cuestións como a condición de nacionalidade histórica,a bandeira, o himno, a distribución do territorio... A paisaxe galega, que se ocupa do clima, os montes, os ríos e as rías, o desenvolvemento sostible e o consumo responsable A lingua galega (orixe, número de falantes, variantes dialectais…) A música galega (ritmos, instrumentos, referentes…) Proxecto de Seispés Producións Creativas realizado ao abeir...
Comentarios
Publicar un comentario